Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN CULTURAL IMPACT ORGANIZAN UNHA NOVA EDICIÓN DA "LIGA IMPACT MODERN"
A cita desenvolverase o 14 de abril nas instalacións do local social do Alto e está prevista a asistencia duns oitenta xogadores
Narón, 13 de abril de 2018. O local social do Alto do Castiñeiro acollerá mañá sábado a “Liga Impact Modern”, do xogo de cartas Magic The Gathering. O Concello de Narón e a Asociación Cultural Impact organizan unha nova edición desta convocatoria, que dará comezo ás 10.30 horas e na que se prevé acadar un récord de asistencia, cuns oitenta participantes, tal e como se indicou desde a organización. Os xogadores que confirmaron a súa asistencia a este evento proceden de diferentes concellos galegos e tamén doutras comunidades autónomas, como Asturias ou Castela León. Haberá premios para os dezaséis mellor clasificados nas diferentes modalidades de xogo. Os representantes da Asociación Cultural Impact, con sede en Narón, subliñaron que a Liga Impact Modern consegue reunir a un importante número de xogadores, “o que fai desta cita a de máis asistencia non só de Galicia, senón tamén da zona noroeste das grandes ligas de Modern nacionais”. Desde o Concello de Narón animaron á veciñanza a presenciar este evento, no que participarán varios xogadores da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal