Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXPOSTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL OS TRABALLOS COS QUE ALUMNADO DE NOVE CENTROS ESCOLARES PARTICIPA NAS OLIMPÍADAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA 2018
Narón, 2 de maio de 2018. As maquetas realizadas nas aulas polo alumnado de quinto e sexto curso de Primaria dos colexios de Narón que participan nas Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria 2018 organizadas polo Concello poderán verse ata o vindeiro día 11 de maio, de 17.00 a 20.00 horas, na Sala de exposicións da Biblioteca municipal. Esta mesma mañá o xurado valoraba cada un dos traballos, se ben o fallo non se dará a coñecer ata o 10 de maio, no transcurso da fase final das citadas Olimpíadas. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, formou parte do xurado xunto con José Manuel Marín, vicepresidente da Fundación CNAE; representantes do equipo de Educación Viaria do Concello, da Policía Local de Narón, da empresa Urbaser e do clube ciclista Clásico BikeWorks. Esta mesma mañá todos eles reuníronse na Biblioteca para ver os traballos do alumnado dos colexios Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Santiago Apóstol, Piñeiros, Ayala, A Gándara, A Solaina, Virxe do Mar e O Feal, con enxeñosas ideas para mellorar a seguridade de condutores e peatóns. A excelente calidade dos traballos presentados, uns en forma de maquetas e outros a modo de murais ou debuxos, fixo difícil a avaliación dos mesmos. Os rapaces e rapazas coñecerán o vindeiro día 10 a puntuación obtida, que sumará puntos cos que conseguirán na fase final das Olimpíadas Escolares, que ese mesmo día se celebrará no Pazo da Cultura.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es