Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FESTIVIDADE DOS MAIOS CELEBRARASE O SÁBADO EN PIÑEIROS E NA PRAZA DE GALICIA
O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizan esta convocatoria, na que un ano máis se implicaron as veciñas e veciños a través das asocacións e dos centros educativos
Narón, 4 de maio de 2018. O concello de Narón acollerá mañá os actos programados polo Padroado da Cultura e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, para festexar unha nova edición dos Maios. Entre as actividades da mañá, está a elaboración do mosaico dos Maios na Praza de Galicia, unha tarefa na que poden participar, entre as 11.00 e as 14.00 horas todas as persoas que o desexen. O artista naronés Leandro Lamas é o encargado do deseño do mosaico, que terá unha dimensión de 10x10 metros e que se caracterizará, como non podía ser doutro xeito, polo seu colorido. Tamén pola mañá, pero a partir das 10.00 horas e no Centro Cívico de Piñeiros, poderán participar as veciñas e veciños na decoración dun dos Maios que se poderán ver pola tarde na Praza de Galicia, tal e como recordaron os organizadores. A celebración da chegada da primavera centrarase pola tarde en Piñeiros e na Praza de Galicia. A partir das 16.30 horas poderanse ver no Centro Cívico de Piñeiros os Maios cos que se conmemorará esta festividade. Todos sairán en comitiva pola estrada de Castela ás 17.00 horas cara á Praza de Galicia, donde xa estará rematado o mosaico floral e donde terá lugar a recepción dos Maios ás 18.00 horas. Participarán na convocatoria as Escolas do Padroado da Cultura, que un ano máis porán música a este evento festivo de marcada tradición cultural. As entidades veciñais do Couto, San Xiao, O Val, Piñeiros, Virxe de Fátima, da Asociación Sociocultural ASCM, de Semente de Trasancos e de dous colectivos do Padroado da Cultura de Narón: O Recuncho dos Pequechos e o Obradoiro de Construción de Instrumentos, participarán cos Maios que eles mesmos elaboraron e aos que se sumarán os realizados por uns 1.500 alumnos e alumnas de educación Infantil e Primaria dos centros de ensino de Narón e outro da ANPA do colexio de Piñeiros. Os Maios dos colexios e do Centro Cívico de Piñeiros e O Val realizáronse no transcurso dos Obradoiros de Arte floral que impartiu persoal do Padroado da Cultura. Desde o Concello de Narón convidaron ás veciñas e veciños a asistir a este evento para desfrutar todos xuntos desta festividade dos Maios, coa que se celebra a chegada da primavera.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal