Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA HOXE DOUS CURSOS ADICADOS A MULLERES DE NARÓN
Trátase do Obradoiro de Organización e Xestión Familiar e do Obradoiro de Cultura Básica para Mulleres
A Concellería de Igualdade e Maiores, inicia dous cursos enmarcados nas accións do I Plan de Igualdade para Mulleres de Narón: o Obradoiro de Organización e Xestión Familiar e o Obradoiro de Cultura Básica para Mulleres. Os dous levaranse a cabo no Centro de Formación Municipal dende hoxe, día 1 de outubro. O Concello de Narón leva a cabo dende hai anos diversas accións contempladas no Programa de Atención á Muller. A elas vénse a sumar o Obradoiro de Cultura Básica, que estará tutelado por unha mestra experta en educación de adultas, e que pretende promover e mellorar a calidade de vida das mulleres dende unha perspectiva bio-psico-social. Dentro dos seus obxectivos están o de ampliar o nivel cultural das mulleres participantes, ensinalas a traballar en grupo e mellorar a súa autoestima. En canto ó Obradoiro de Organización e Xestión Familiar, as asistentes recibirán formación básica que servirá tanto para o desenvolvemento persoal como para o acceso o emprego, dotándoas de habelencias sociais, domésticas e pre-laborais. O curso 2008-2009 dividirase en tres niveis: básico, medio e pre-laboral, que se desenvolverán de luns a xoves en horario de 9:30h a 12:30h. Os xoves de cada semana xuntaranse os niveis básico e medio para traballar contidos comúns. O horario do terceiro nivel (pre-laboral) dependerá do servizo de orientación laboral do Concello de Narón. Estas accións encamíñanse a dar unha formación específica en temas como o coidado dos nenos pequenos, saberes domésticos, economía familiar, saúde, alimentación equilibrada, planificación familiar, educación escolar, motivación, autoestima e habilidades sociais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal