Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACUDIU Á "VII FEIRA INTERNACIONAL DA INDUSTRIA NAVAL DE VIGO"
A rexedora local, Marián Ferreiro, asistiu acompañada polo edil de Urbanismo e visitou os stands, entre outros, das catro empresas asentadas en Narón que participaron neste evento, un referente do sector naval
Narón, 22 de maio de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, desprazáronse esta mañá a Vigo para asistir á sétima edición da Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, que se inaugurou hoxe. Ata o vindeiro xoves, día 24, catrocentos expositores de noventa países danse cita neste evento, todo un referente na actualidade para o sector naval. Ferreiro destacou o feito de que catro empresas con instalacións en Narón: Gabadi, Camuyde, Detegasa e o Grupo Fernández Jove, acudan a evento, que se desenvolve no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). “Para o Concello de Narón é un orgullo que catro empresas da cidade estean nesta Feira Internacional da Industria Naval”, asegurou Ferreiro, que xunto co edil de Urbanismo visitou os stands das catro firmas, así como os doutras compañías presentes nesta convocatoria. “A presencia de catro empresas de Narón vencelladas ao sector naval nesta Feira Internacional da Industria Naval de Vigo é un claro exemplo do peso que ten a nosa cidade no sector e contribúe, sen dúbida, a xerar unha serie de sinerxias que poderán repercutir directamente na súa carga de traballo no futuro”, destacou Ferreiro. A alcaldesa da cidade subliñou a importancia de que “as administracións públicas prestemos o noso apoio ao sector naval, que está atravesando uns momentos complicados na nosa comarca e que precisa da unión de todas e todos para atraer investimentos e acadar contratos para o sector naval, no que traballan centos de persoas da nosa comarca”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal