A cita musical será o venres 25 de xuño a partir das 18.00 horas no Pazo da Cultura, tal e como indicou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada
Narón, 24 de maio de 2018. O festival de Fin de curso da Escola de Música da Asociación Cultural Musical SementeiraXove Banda de Narón, celebrarase mañá venres no Pazo da Cultura. A concelleira responsable da área, María del Carmen Espada, recordou que esta cita musical comezará ás 18.00 horas e que as entradas están á venda na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros.
Os músicos participantes e o alumnado da Escola de Música de Sementeira asistirán de balde e os socios da entidade poderán recoller dúas invitacións para acudir a este evento, co que se pechará o curso 2017/2018. O alumnado continuará nas clases ata o vindeiro 1 de xuño, tal e como indicou Espada, pero con este concerto, que conta co respaldo do Padroado da Cultura e da Deputación da Coruña, amosará aos asistentes o traballo realizado nos últimos meses.
A edil naronesa animou ás veciñas e veciños a acudir a este xa tradicional e concurrido concerto de Fin de curso da Escola de Música da ACM Sementeira, de Narón.