Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL INFORMÁTIVCA DIVERTIDA
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, destacou que a convocatoria, que se impartirá na zona urbana e rural, diríxese a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos empadroados en Narón
Narón, 7 de xuño de 2018. As rapazas e rapaces de entre 8 e 12 anos (incluídos) e empadroados en Narón poden inscribirse, desde hoxe e ata o vindeiro día 15, nunha nova edición do programa municipal Informática Divertida (INDI). A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que en base a esta iniciativa impartiranse novas sesións de Programación e robótica educativa na Aula Cemit de Xuvia, donde se ofertan un total de quince prazas –cubriranse por rigorosa orde de inscrición- e se impartirán 73,5 horas de formación, do 2 ao 31 de xullo, de luns a venres en horario de 10.00 a 13.30. As inscricións poden formalizarse a través do Rexistro municipal do Concello, de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas, podendo recoller alí a instancia de solicitude ou descargala da páxina web do Concello de Narón, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/indi-informatica-divertida. A edil de Novas Tecnoloxías indicou que esta mesma convocatoria –cos citados requisitos, horarios e duración- do programa municipal formativo INDI ofrecéuselles ás entidades veciñais da zona rural. As persoas que residan en Doso, San Mateo, San Xiao, O Val, Castro, Sedes ou Pedroso poden solicitar información ao respecto nos locais sociais das entidades –no caso de Pedroso nas instalacións da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”-. Para poder impartir estas sesións na zona rural será preciso formar grupos cun mínimo de oito rapazas e rapaces, dispoñendo dun total de dez vacantes para cada parroquia, ao ser ese mesmo o número de ordenadores da Aula móbil de informática do Concello, que aportará tamén os equipos. O prazo de inscrición para o alumnado da zona rural comeza tamén hoxe pero rematará o día 24 deste mes. Os temas que se abordarán nas sesión serán: “Iniciación á programación de videoxogos”, “Creación de blogs para nen@s”, “Creación de cómics dixitais” e “Hour of code”. “Un ano máis, ofrecemos a oitenta e cinco rapazas e rapaces de Narón a posibilidade de adicar parte das súas vacacións estivais a recibir formación a través de Novas Tecnoloxías específica sobre temas como a programación e a robótica pero dunha maneira divertida, adaptada ás idades dos participantes”, indicou Hermida. As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 1123 ou 1517).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal