Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE HOSTALEIROS DA CIDADE PARTICIPARON NO OBRADOIRO SOBRE COCIÑA SAUDABLE E MENÚ ÁRTABRO
O Concello de Narón impulsa esta iniciativa a través do Club Narón Gastronómico, tal e como apuntou o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar
Narón, 25 de xuño de 2018. Unha vintena de representantes do sector hostaleiro da cidade participaron, entre as 17.30 e as 20.30 horas, no Obradoiro sobre cociña saudable e Menú Ártabro no que se explicaron as características do citado menú. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, recordou que Miguel Campos, do restaurante A Gabeira, foi o encargado de impartir este obradoiro, no que colabora o Club Narón Gastronómico. Os asistentes tiveron a oportunidade de realizar nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, na Gándara, unha serie de recetas deste Menú Ártabro, que será a base do programa 100.000 Motivos de Peso. Este menú, tal e como indicaron os responsables da iniciativa é básicamente a dieta Altántica da Costa Ártabra, que abrangue a zona comprendida entre o municipio de Ares e o Ortegal. “O obxectivo final desta proposta é que os hostaleiros da cidade ofrezan nas cartas dos seus establecementos algúns platos do Menú Ártabro, ampliando e mellorando a oferta gastronómica”, apuntou Villamar. A iniciativa impulsada a través da Concellería de Promoción Económica aposta ademais por fomentar este Menú Ártabro en tódolos fogares de Narón, polo que a comezos do vindeiro mes de xullo se desenvolverán actividades dirixidas á cidadanía en xeral. Nesa ocasión a cita terá lugar no Auditorio municipal e alí os asistentes terán a oportunidade de informarse con técnicos en dietética sobre as vantaxas do consumo dos produtos que integran a dieta Ártabra. Tamén poderán practicar algunhas recetas que lles ensinará un cociñeiro ou cociñeira que asistirán á convocatoria, tal e como indicou Villamar e recibirán as pertinentes explicacións sanitarias a cargo do médico Carlos Piñeiro. O calendario gastronómico de Narón pretende fomentar entre a cidadanía o consumo de produtos da zona, como o pemento do Couto, o Tomate Negro ou mariscos e peixes da ría, entre outros, para promover hábitos de vida saudables, mellorar a calidade de vida das persoas e previr certas enfermidades.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal