Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E A EDIL DE IGUALDADE ENTREGARON UNHA TRINTENA DE DIPLOMAS DE TRES CURSOS DO II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE
O Auditorio municipal acolleu o acto de entrega dos diplomas co que se pechou o curso 2017-2018, tal e como indicaron as representantes do goberno local
Narón, 10 de xullo de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron esta mañá no Auditorio municipal unha trintena de diplomas correspondentes a tres cursos enmarcados no II Plan Municipal de Igualdade. Un total de corenta mulleres e un home matriculáronse nestas accións formativas, se ben finalmente foron trinta os que realizaron o total das horas mínimas e a formación requeridos para a obtención dos diplomas correspondentes ao remate do curso 2017-2018. Igualdade por medio da educación, Iniciación ás técnicas da confección e Integración e xestión familiar foron os cursos realizados polo colectivo ao que se dirixían, persoas maiores de 18 anos, empadroadas en Narón e desempregadas. As clases de Igualdade por medio da educación, das que se entregaron un total de nove diplomas, impartíronse na Casa da Mocidade da Gándara; as de Iniciación á confección, coa entrega hoxe de once diplomas, no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, e as de Integración e xestión familiar, con dez diplomas, no colexio de San Mateo e na Casa da Mocidade. O alumnado iniciou o curso en outubro de 2017 e rematouno o pasado 29 de xuño, co que a entrega de diplomas déronse por rematadas as convocatorias correspondentes ao curso 2017-2018. Ferreiro e Sabio felicitaron á tódalas persoas que realizaron os cursos do II Plan Municipal de Igualdade e animáronas a continuar formándose no futuro. “Queda aínda camiño por percorrer pero entre todas e todos temos que continuar traballando por unha sociedade na que a igualdade entre homes e mulleres sexa real e chegue a tódolos ámbitos”, subliñou a alcaldesa da cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal