Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O OENACH ATLÁNTICO LANZA UN CONCURSO PARA PREMIAR AO GRUPO DE PERSOAS MELLOR CARACTERIZADO
A organización anima a veciños e visitantes a acudir con vestimentas propias da época celto-galaica para optar a un premio de degustación de produtos de porco celta na zona gastronómica do Oenach
Narón, 10 de xullo de 2018. O festival da cultura celto-galaica Oenach Atlántico de Narón, que se celebrará o 27, 28 e 29 de xullo en Sedes, lanza no seu vixésimo aniversario un concurso no que anima a todos os veciños e visitantes a acudir caracterizados con vestimentas da época celto-galaica, como veñen xa facendo algunhas persoas nesta celebración desde hai vinte anos. Para animar á participación, o grupo de persoas que resulte vencedor poderá degustar unha ampla selección de produtos elaborados con porco celta, raza autóctona galega en recuperación, na zona gastronómica do Oenach. A familia ou grupo de amigos que queiran participar deben acudir caracterizados da época celto-galaica o sábado 28 de xullo e poderán inscribirse na propia zona gastronómica desde as 11.00 horas e ata as 17.00 horas, cando comezará o concerto do grupo estrela do público miúdo, María Fumaça. Os vencedores daranse a coñecer o propio sábado ao remate do concerto, e poderán escoller entre gozar da degustación o mesmo sábado pola noite ou ben o domingo a mediodía. Os participantes na caracterización deben ser parellas ou grupos dun mínimo de dúas e un máximo de dez persoas. No caso de obter o premio –serán valorados por un xurado- poderán probar produtos novidosos para todos os públicos como hamburguesas gourmet, cucuruchos de croquetas ou bolos preñados de chourizo de porco celta, uns produtos que estarán tamén á venda na zona gastronómica durante os tres días do festival. Este concurso de caracterización súmase á ampla programación especial e á oferta de actividades do Oenach no seu vixésimo aniversario, con concertos, representacións teatrais, musicais e de títeres, xogos e obradoiros. A programación –pode consultarse ao completo na páxina web do Concello de Narón, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Oenach-Atlantico-programa.pdf- iniciarase o venres 27 ás 22.15 horas, co tradicional acendido do lume na campa do Trece, donde terán tamén lugar entre outras propostas os concertos de Dubidá Trío e do gaiteiro Cristian Silva, ata o domingo 29 pola noite, cun concerto de clausura a cargo do grupo de folclore tradicional Mayalde.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal