Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O OBRADOIRO SOBRE TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO ACADA UN BALANCE MOI POSITIVO
A Concelleira de Igualdade e Maiores do Concello de Narón, María del Carmen Espada, mostrouse moi satisfeita do éxito de participación que acadou o Obradoiro sobre Tratamento da Violencia de Xénero celebrado onte nos baixos da Biblioteca Municipal do Alto. Un obradoiro que se solicitou á Vicepresidencia da Igualdade e Benestar no marco do Plan de Igualdade para as Mulleres de Narón, e que forma parte das accións encamiñadas a conseguir erradicar unha lacra social que afecta maioritariamente ás mulleres e ós seus fillos. Os contidos, impartidos durante catro horas, baseáronse na sensibilización dos axentes ante esta problemática e no coñecemento dos recursos existentes para previla, detectala e, no seu caso, darlle o mellor tratamento posible. Uns axentes que non só procedían do Concello de Narón, senón tamén doutros como Valdoviño e Neda. María del Carmen Espada fixo un agradecemento especial ós corpos da Policía Local, que conforman os protocolos de actuación inmediata, pola súa sensibilidade ante esta dura problemática, e a súa participación activa. E afirmou que dende a Concellería de Igualdade “seguirase a traballar nesta liña para mellorar cada vez máis a atención que reciben as mulleres de Narón, e en especial as vítimas da violencia de xénero”, como xa se está a facer dende o Punto de Información á Muller e o Servizo de Atención Psicolóxica.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal