Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA PROXECTARÁ O FILME "EL DESCONOCIDO" NO CENTRO CÍVICO SOCIAL DE SAN MATEO
As sesións deste ciclo de cine programáronse na zona rural, diríxense ao público familiar e son de balde
Narón, 18 de xullo de 2018. O programa de cine organizado polo Padroado da Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña, chegará o 19 de xullo á parroquia de San Mateo, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada. Nas instalacións do Centro Cívico Social poderase ver a película El Desconocido, a partir das 22.15 horas. Entre o reparto deste filme están recoñecidos actores e actrices deste país, como Luis Tosar, Elvira Minguez ou Javier Gutiérrez, dirixidos, xunto aos seus compañeiros por Dani de la Torre. A película, rodada na Coruña, conta a historia de Carlos, un director dunha sucursal bancaria que vive ameazado de morte por unha vítima das súas estafas. Este ciclo rematará o vindeiro 26 de xullo, coa proxección nas instalacións da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña (Pedroso), tamén a partir das 22.15 horas, de Los pitufos 3, la aldea escondida. Arieal Winter e Julia Roberts están entre o reparto deste filme, que dirixe Kelly Asbury e no que os coñecidos pitufos vivirán varias aventuras no Bosque Encantado tras acceder a unha zona prohibida donde vivirán situacións realmente complicadas. Todas estas sesións, enmarcadas no programa Feliz Narón Verán 2018, diríxense ao público familiar e son de balde, tal e como recordou Espada, que valorou a excelente acollida deste ciclo de cine nas dúas sesións programadas anteriormente, os pasados días 5 e 12 de xullo nas parroquias do Val e San Xiao, donde se proxectaron os filmes A Tropa de trapo e Pérez, o ratiño dos teus soños, respectivamente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal