Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA PENTACIÓN INFORMOU AO PADROADO DA CULTURA DE QUE O ACTOR ANTONIO RESINES NON PODERÁ ACTUAR NA REPRESENTACIÓN DA OBRA EL FUNERAL
As persoas que xa adquiriran a entrada e desexen solicitar o reembolso do seu importe poderán facelo ata o vindeiro 14 de setembro no Pazo da Cultura
Narón, 29 de agosto de 2018. A compañía Pentación Espectáculos informou ao Padroado da Cultura dun cambio no reparto artístico da obra El funeral, que se representará o vindeiro 22 de setembro ás 20.00 horas no Pazo da Cultura. O actor Antonio Resines, que forma parte do elenco desta obra, non poderá actuar debido a unha lesión que o manterá lonxe dos escenarios durante, como mínimo, seis meses, tal e como indicaron desde a compañía. Ante esta situación, desde o Padroado da Cultura informouse xa aos aboados e ao público xeral de que no caso de que o consideren oportuno poden solicitar o reembolso da súa entrada ata o vindeiro 14 de setembro. Desde xeito, e ata a data indicada, procederase a devolver o importe da entrada aos que así o soliciten, aboándolla do mesmo xeito no que se realizou a súa compra. A obra El funeral, dirixida por Manuel Velasco, conta cun elenco do que tamén forman parte Concha Velasco, Clara Alvarado, Cristina Abad e Emmanuel Medina. Esta comedia de Pentación Espectáculos céntrase nun velorio dunha recoñecida actriz española, no que as súas netas poñen orde pero que se empaña cun encerro no que se aparece a pantasma da actriz para resolver determinados asuntos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal