Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COSMA INVERTERÁ 1.300.000€ EN SANEAMENTO URBANO
Malia subida do 19% no prezo da auga polo Concello de Ferrol, o 84% de aboados non sufrirán subidas de máis do 4,5%
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, anunciou en rolda de prensa o proxecto de inversión da empresa COSMA (Compañía de Servicios Medioambientais do Atlántico, S.A.) para a zona urbana de Narón que suma un total de 1.300.000€. As contas de Cosma, S.A. reflexan que é unha empresa saneada, xa que a mesma cantidade que vai ingresar é a cantidade invertida, 2.436.654€. No caso da inversión, o total divídese entre o pago ó Concello de Ferrol (540.000€), ó persoal (448.000€), e a cantidade destinada ás obras, 1.300.000€, dividida en dúas partes: os custos das obras en sí, encargadas a empresas externas (550.000€) e os intereses e amortizacións das obras xa realizadas es as que se realizarán no vindeiro ano (750.000€). O proxecto que Cosma vai emprender inclúe varias accións. En primeiro lugar, chegar ó 90% no cambio das tubarias de fibrocemento, dando cumprimento á orde que prohibe a utilización tubaria do amianto, por ser fonte de sustancias canceríxenas. O cambio acometerase nas rúas María Pita, Cadaval, Estación, Rosalía de Castro, San Xosé Obrero, e Valle-Inclán. En segundo lugar, introduciranse 3 km de tubaria para redes pluviais, obtendo un saneamento individual e separado para augas fecais, pluviais e de consumo doméstico. E reducindo cerca dun 70% o perigo de inundacións, algo moi común hoxe en día en moitas cidades da xeografía española. Tamén renovarase as redes de saneamento urbanas. Xoán Gato aclarou de novo a subida das taxas de auga previstas para o ano que ven. Se ben o Concello de Narón terá que aboar unha subida no cobro polo Concello de Ferrol en torno o 19%, o 84% dos usuarios, todos os de ámbito doméstico, só experimentará unha subida nos seus recibos do 4,5%. De 15.778 aboados, 13572 terán esa subida do IPC, e só 2056 (empresas e grandes consumidores de auga) subidas desde o 12% ata o 20%. Na xuntanza que mantiveron o Consello de Administración de Cosma e o Concello, acordouse preparar unha partida exclusiva para o saneamento no rural, e tamén atopar una saída para que á marxe do sistema tarifario, as familias numerosas poidan pagar un mínimo de consumo de auga. Será o Concello o que faga este estudo e o que, unha vez feito, aboe a Cosma a diferencia coas tarifas reais, que estas familias non pagarán na súa totalidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal