Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE TURISMO DO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO CAMBIA O HORARIO DE APERTURA
As instalacións permanecerán abertas ata o vindeiro 28 de setembro nun novo horario, tal e como indicou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida
Narón, 17 de setembro de 2018. A Oficina de Turismo localizada no Parque do río Freixeiro cambiará a partir de mañá o seu horario de apertura. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, indicou que permanecerá aberta desde mañá ata o vindeiro venres, día 21, entre as 16.00 e as 20.00 horas; o sábado 22, de 10.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 19.00, e o domingo 23 de setembro estará pechada. Así mesmo, a edil informou de que o servizo, que se mantén operativo desde principios do pasado mes de xuño, permanecerá aberto do 24 ao 28 deste mes de 10.00 a 14.00 horas e o día 29 xa non funcionará. Dúas persoas contratadas a través da bolsa de emprego municipal encárganse de atender a Oficina de turismo de Narón, desde donde se ofrece información e material sobre o concello de Narón e tamén do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es