Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCHA VELASCO E JORDI REBELLÓN REPRESENTARÁN NO PAZO A OBRA "EL FUNERAL"
A cita, a cargo da compañía Pentación Espectáculos, terá lugar o 22 de setembro no Pazo da Cultura
Narón, 5 de setembro de 2018. A actriz Concha Velasco e o actor Jordi Rebellón encabezan o elenco da obra El funeral, que a compañía Pentación Espectáculos representará este sábado, día 22, no Pazo da Cultura. A cita será a partir das 20.00 horas e as últimas entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A obra de teatro El funeral está centrada nunha importante figura do cinema, teatro e televisión en España, Lucrecia Conti, á que o Ministerio de Cultura lle organiza un velorio nun gran teatro a modo de despedida tralo seu falecemento. Os familiares da defunta reciben numerosas condolencias e a historia cambiará cando todos os alí presentes queden pechados no teatro e se lles apareza a pantasma de Lucrecia, que se quere despedir deles.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es