Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 117.000 EUROS AS OBRAS DE REFORZO DE RODADURA NOS VIAIS DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
O edil de Obras, Pablo Mauriz, recordou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o vindeiro 3 de outubro
Narón, 21 de setembro de 2018. O concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, destacou a actuación que, nos vindeiros meses, se levará a cabo no polígono industrial de Río do Pozo. “Trátase dunha intervención integral con cargo á que se mellorará considerablemente o estado dos viais desta área industrial da cidade, donde o tránsito de vehículos de gran tonelaxe deteriora o firme”, asegurou. Co fin de executar as obras de reforzo da rodadura o Concello licitou esta intervención en 117.284 euros, polo que as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Estado ata o día 3 de outubro, data do remate do prazo, tal e como recordou Mauriz. “Con cargo a este proxecto repararanse os viais máis danados do polígono, actuando antes de que o estado dos mesmos obrigue a levantalos por completo, o que sería unha actuación de máis importe e que causaría maiores molestias na zona ao tránsito de vehículos”, explicou o edil naronés. En concreto, tal e como figura no proxecto, actuarase sobre as fochas e deformacións da avenida Bernardo Romero, vial principal de acceso a Río do Pozo, e tamén dos interiores das fases I e III, cruces de viais e dos accesos á AG-53 (autovía Ferrol-Vilalba). A intervención cofinanciarase con cargo a unha subvención dun plan de axudas da Consellería de Economía e Industria que se habilitaron para mellorar infraestruturas en parques empresariais da Comunidade Autónoma. No ano 2015 levouse a cabo unha actuación similar neste polígono industrial, se ben as primeiras tarefas na zona, en canto ás melloras de viais, remóntanse ao ano 2006 na avenida Bernardo Romero. Na actualidade o parque empresarial de Río do Pozo, cunha superficie industrial de máis de 1,6 millóns de metros cadrados, acolle preto de duascentas empresas. En anualidades posteriores, concretamente en 2009, 2014 e 2016 tamén se levaron a cabo importantes actuacións, tanto relativas á reparación do firme de viais como á instalación de iluminación led no vial principal do polígono, tal e como recordou Mauriz. “Con estas melloras en Río do Pozo, sumadas aos incentivos fiscais que se aprobaron no Concello para o asentamento ou ampliación de empresas, e ás boas comunicacións da zona, apostamos por continuar impulsando este polígono, cun importante nivel de ocupación e unha diversificación industrial que sitúa a Narón como motor empresarial da nosa comarca e tamén nun lugar moi destacado en Galicia”, subliñou.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es