Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A ESTREA DA OBRA TEATRAL "DA AVARICIA, A LUXURIA E A MORTE"
O novo espectáculo da compañía Teatro del Noroeste poderá verse o venres 28 e o sábado 29 no Pazo da Cultura
Narón, 26 de setembro de 2018. A compañía Teatro do Noroeste estreará o vindeiro venres no Pazo da Cultura a obra Da avaricia, a luxuria e a morte. A representación comezará ás 20.30 horas e tamén se realizará o sábado día 29 a partir das 20.00 horas, e as entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Este espectáculo de teatro contemporáneo, de aproximadamente dúas horas de duración, está composto de tres obras do dramaturgo e poeta galego Ramón María del Valle Inclán: Ligazón, A rosa de papel e A cabeza do Bautista. Na primeira das obras, Ligazón, dase conta da avaricia a través das ansias dunha moza por emanciparse e acadar os obxectivos que se marcou; con A rosa de papel está moi presente a luxuria, a agonía dunha muller que está desesperada tras un mal casamento, e en A cabeza do Bautista a morte é a protagonista, mediante a vida dun indiano retornado que foxe da xustiza.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es