Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CATRO INTEGRANTES DO SPEIS ACODEN A UN CURSO DE INICIACIÓN Á XESTIÓN OPERATIVA E MANDO EN FRANCIA
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, destacou a importancia de participar neste curso de cara á mellora na formación do persoal do SPEIS
Narón, 26 de setembro de 2018. Integrantes do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón asisten esta semana a unhas xornadas formativas na Escola Nacional Superior dos Oficiales Bombeiros de Francia (Ensosp). O sarxento Carlos Castro, en calidade de titor, e Adrián Fraga, David Esclusa e Luis Iván Gago, como xefes de dotación, son os catro representantes da cidade neste curso, que comezou o pasado luns e rematará o vindeiro venres, día 28. Trátase dunha xornada formativa teórico práctica sobre Iniciación á xestión operativa e mando (GOM) para bombeiros. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, asegurou que se trata “dun método de dirección e xestión de servizos por niveis que na actualidade está á vangarda de Europa e que se aplica desde hai tempo en Francia e se está implementando en España”. O edil naronés valorou a participación dos catro integrantes do SPEIS de Narón neste curso, “cuns contidos moi útiles para o seu traballo que redundarán positivamente nos servizos prestados”. O curso está dirixido a bombeiros e entre os seus obxectivos xerais están os de coñecer as normas de funcionamento do método de Xestión Operativa e Mando e a súa aplicación; solventar situacións reais de extinción e salvamento en base a medidas de seguridade; coordinación co resto de dotacións na resolución de incidentes e traballar na sectorización de comunicacións e informes a mandos, entre outros. O curso ten unha duración de 40 horas lectivas, distribuídas en horario de mañá e tarde. O persoal que participa nesta convocatoria realiza estes días varias manobras para poñer en práctica os coñecementos adquiridos nesta convocatoria, na que se utilizan ata un máximo de catro vehículos de emerxencias con dotación de persoal para realizar os supostos prácticos (incendios, fugas de gas e accidentes de circulación). “A participación dos representantes do SPEIS de Narón nesta convocatoria enmárcase no plan formativo deste servizo municipal para o presente ano”, explicou Sánchez Fojo. O concelleiro destacou que “o feito de que catro integrantes do Corpo asistan a este curso teórico e práctico permitirá ampliar a formación dos xefes de dotación e de grupo do SPEIS, o que sen dúbida contribuirá a mellorar as actuacións diarias deste servizo e a coordinación tanto entre ese equipo como co resto de persoas que actúan ante situacións de emerxencia”, subliñou.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es