Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIOU NO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS OS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES
As concelleiras de Igualdade, Teresa Sabio, e de Acción Social, Catalina García, visitaron aos usuarios do centro e entregáronlles un caravel
Narón, 1 de outubro de 2018. As concelleiras de Igualdade, Teresa Sabio, e de Acción Social, Catalina García, desprazáronse esta mañá o Centro Integrado Comunitario Manuela Pérez Sequeiros con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, que se conmemora hoxe. As edís naronesas felicitaron aos usuarios e usuarias que se atopaban ás 12.00 horas no Centro de día, realizando unha clase de ximnasia, e entregáronlles un caravel a modo de homenaxe no seu día. Sabio destacou o labor que desempeñan as persoas maiores en tódolos ámbitos e a importancia de que se manteñan activos e desfruten das actividades e instalacións municipais dirixidas ao colectivo, un dos pilares básicos das políticas do equipo de goberno naronés. Pola súa banda, García respaldou as palabras da concelleira de Igualdade e amosou o seu desexo de que poidan continuar desfrutando moitos anos máis do Centro de Maiores e do resto dos servizos que se ofrecen desde o Consistorio. Os maiores homenaxeados agradeceron, pola súa parte, a visita das concelleiras naronesas e tamén o caravel co que os obsequiaron no Día Internacional das Persoas Maiores. O Concello de Narón continuará esta semana celebrando os actos programados con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, concretamente o vindeiro mércores, día 3, xornada na que está programada unha visita a unha veciña centenaria que reside na parroquia do Couto.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es