Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS AXENTES DA POLICÍA LOCAL DE NARÓN OBTIVERON SETE MEDALLAS NOS VII XOGOS EUROPEOS DE POLICÍAS E BOMBEIROS CELEBRADOS EN ALXECIRAS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, felicitaron polos resultados aos tres axentes que participaron no evento: Sonia López, Pablo Pita e Martín Vilariño
Narón, 2 de outubro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, felicitaron hoxe aos tres axentes da Policía Local que participaron nos VII Xogos Europeos de Policías e Bombeiros que se celebraron en Alxeciras do 21 ao 29 de setembro. Acudiron a este evento deportivo Sonia López, Pablo Pita e Martín Vilariño, acadando destacados postos nas modalidades nas que participaron. Sonia López foi a primeira clasificada na media maratón que se disputou nun tramo duns vinte quilómetros, o que lle permitiu traer para Narón a medalla de ouro. Pola súa parte, Pablo Pita obtivo seis medallas: a de ouro en press banca e a de prata en peso morto –ambas na categoría de menos de 82 quilos; tres de prata nas modalidades powerlifting, segundo gran premio dominadas e categoría absoluta de dominadas e unha de bronce no primeiro gran premio de dominadas. O axente Martín Vilariño, que tamén participou na modalidade de media maratón, obtivo un destacado oitavo posto dentro da súa categoría. A alcaldesa e o concelleiro de Seguridade Cidadá felicitaron aos tres axentes da Policía Local de Narón e incidiron na súa excelente preparación física, que lles permitiu acadar importantes clasificacións xerais nas diferentes categorías. Os axentes valoraron o respaldo do Concello de cara a facer posible a súa participación neste evento, no que aseguran que desfrutaron tanto das probas nas que participaron como nas que acudiron como público. Miles de persoas procedentes de máis dunha vintena de países europeos, participaron nesta sétima edición dos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, dirixidos a estes Corpos e tamén a persoal de seguridade privada, policías portuarios e de aduanas, e persoal de emerxencias sanitarias e de salvamento marítimo, entre outros. O vindeiro ano convocaranse novamente estes xogos, a nivel mundial en China, tal e como se avanzou ao remate desta edición.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal