Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS E OUTRAS ENTIDADES DE ÁMBITO MUNICIPAL
As asociacións que cumpran os requisitos esixidos poderán solicitar as axudas durante tres días máis, do 12 ao 14 de novembro
Narón, 9 de novembro de 2018. O Concello de Narón amplía tres días o prazo para que as asociacións e outras entidades de ámbito municipal poidan solicitar as subvencións habilitadas desde a administración local para desenvolver programas e actuacións que promovan a participación da cidadanía no tecido asociativo. As solicitudes, tal e como se recordou, deben tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello entre os días 12 e 14 de novembro, ambos incluídos. Para poder recibir estas achegas municipais as entidades terán que estar legalmente constituídas, inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello e cumprir ademais unha serie de requisitos. Entre estes últimos, están a actualización dos seus datos como asociación no momento de presentar a solicitude e ter xustificadas as subvencións concedidas en anos anteriores polo Consistorio. Poden solicitalas entidades que realicen traballos relacionados coas áreas: socioeducativa, sociocultural, de igualdade, con persoas con discapacidade ou drogodependencia, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiente e saúde tal e como se especifica nas bases.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal