Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CO REITOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA O CONVENIO PARA O TRANSPORTE UNIVERSITARIO AO CAMPUS DA UDC
Marián Ferreiro e Julio Abalde rubricaron no Concello o acordo a través do que se cofinanciará, durante os vindeiros catro cursos, o servizo de transporte en autobús de universitarios e universitarias naroneses ás facultades do campus da Coruña
Narón, 9 de novembro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá no Concello xunto co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o convenio de colaboración para o transporte universitario de veciños e veciñas de Narón aos centros da UDC no campus da Coruña. A vixencia deste acordo será por un prazo de catro anos, para os cursos 2018-2019; 2019-2020; 2020-2021 e 2021-2022 e a previsión de gasto máximo do Consistorio ascende, en conxunto, a 98.340 euros. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Ensino da cidade, Mercedes Taibo. O Concello de Narón manterá este convenio para regular as axudas aos universitarios e universitarias empadroados en Narón e matriculados en facultades da UDC do campus da Coruña e que se despracen a diario á cidade. A alcaldesa recordou que se subvencionarán as viaxes de ida e volta no mesmo día, quedando excluídas as realizadas en fins de semana e días non lectivos. O Concello sufragará o 20% do custe total do billete; a UDC o 30% e os universitarios e universitarias o 50% restante, tal e como figura no acordo. Para poder acceder a esta axuda é preciso ademais que as persoas que o soliciten non superen os umbrais de renda establecidos polo Ministerio de Educación. Ferreiro destacou que este convenio coa UDC “permitirá ás universitarias e universitarios de Narón que se desprazan a diario á Coruña unha considerable rebaixa nos gastos ocasionados polo transporte durante o curso académico” e sinalou tamén a importancia de continuar renovando este acordo coa Universidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal