Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA NA ORGANIZACIÓN DO FESTIVAL BENÉFICO "EN FEMENINO"
Celebrarase co fin de recadar fondos para axudar as vítimas da violencia de xénero
O Concello de Narón, desde a Concellería de Igualdade e Persoas Maiores, colabora na organización do festival benéfico contra a violencia de xénero “En femenino”, que se celebrará o vindeiro vinteún de novembro na discoteca Ink de Narón. Esta iniciativa ponse en marcha desde o AECOFE, Asociación de Empresarias de la Comarca de Ferrol, co gallo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o día vintecinco deste mes, e co fin de recadar fondos para o Patronato Concepción Arenal. Así o presentaron en rolda de prensa a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada e a Presidenta da Asociación de Empresarias da Comarca de Ferrolterra, Ana Armada. O Patronato Concepción Arenal é una entidade sen ánimo de lucro creada no ano 1919, e que presta asistencia ás mulleres vítimas de violencia e en risco de exclusión social de toda a Comarca, así como ós seus fillos e fillas. O principal obxectivo da institución é acoller a mulleres maltratadas e marxinadas en vivendas tuteladas, ben directamente, ou ben en colaboración con outras entidades ou asociacións. Na actualidade, o Patronato atravesa unha grave situación de crise pola falta de financiamento, que pon en perigo a continuidade da súa actividade tras case noventa anos de existencia. O festival “En femenino” contará coa participación altruísta de grupos tan destacados como Amistades Peligrosas e Cómplices. E tamén con varios grupos galegos como Lamatumbá, Rumpo Tupá, Habitación 92 e Alen de Ancos, e do artista ferrolán Marcos Mella. Os fondos recadados investiranse nas axudas que o Patronato ofrece as vítimas de violencia de xénero, un colectivo moi desfavorecido e con grandes dificultades de acceso ó mercado laboral. Entre elas, actividades formativas, dotar de material e quipo informático de uso común ás usuarias da casa de acollida e cubrir as súas necesidades básicas e as dos seus fillos e fillas, como roupa, libros, etc. A Concellería de Igualdade, comprometida especialmente co tema da violencia de xénero, considera esta campaña como un paso máis no esforzo por acadar a erradicación desta lacra social, e un novo pulo no desenrolo do I Plan de Igualdade para Mulleres de Narón. Xa que non só se trata de proporcionarlles un teito ás vítimas, senón tamén de facilitarlles información, xestión, asesoramento xurídico, atención sanitaria, orientación laboral, etc. En definitiva, todo o necesario para lograr a súa independencia e total integración. Exposición Pioneiras A Concelleira de Igualdade presentou tamén a exposición Pioneiras, que chegará a Narón o próximo día 17, e permanecerá aberta ó público no vestíbulo do Auditorio Municipal ata o día 21. Trátase de 21 paneis sobre outras tantas empresarias galegas que foron emprendedoras nunha época de francas dificultades para o sexo feminino. Mulleres que inician a exploración de novas terras, que van abrindo camiño a outras en calquera actividade. A exposición ven encadrada nas actividades que concede semestralmente ós concellos o SEGAI, Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal