Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU UNHA DAS XUNTANZAS DO PROGRAMA PROVINCIAL "COMPARTIMOS PLAN"
A iniciativa, na que participa o Concello de Narón, entre outros consistorios e entidades da comarca, aposta pola formulación de accións conxuntas en materia de igualdade
Narón, 14 de xaneiro de 2019. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, outros representantes políticos e asociacións da cidade e comarca e persoal técnico reuníronse a finais da semana pasada no Concello para continuar avanzando no programa Compartimos Plan, da Deputación da Coruña. A través desta iniciativa, apóstase por realizar unha diagnose e un Plan de Acción das políticas de Igualdade de Xénero na provincia, tal e como recordou Sabio. No Foro para a formulación e priorización de accións na comarca de Ferrol que tivo lugar na cidade avanzouse na terceira fase deste plan, tras rematar a primeira, de carácter informativo, e a segunda, sobre diagnose para estudar as necesidades en materia de igualdade de xénero a nivel provincial. Na última das reunións concretáronse unha parte das liñas de actuación que se levarán a cabo, previas á aprobación do Plan Provincial para a Igualdade de Mulleres e Homes. “A través deste proxecto, do que quero agradecer a colaboración de cantas persoas se están implicando, continuaremos defendendo e promovendo políticas de igualdade real entre homes e mulleres e tamén de prevención de violencia de xénero na provincia”, explicou Sabio. A edil incidiu na importancia de “compartir o traballo que se está realizando tanto desde as diferentes administracións como entidades para analizar as accións que se están levando a cabo e, dun xeito participativo, analizar a viabilidade de novas propostas que se poidan aplicar nos concellos en función das características propias de cada un deles, contando co apoio da Deputación da Coruña”. As reunións continuarán celebrándose esta semana nas comarcas do Eume e Ortegal, entre outras programadas durante este mes de xaneiro, antes de dar inicio á última das fases desta proposta, pendente de realizar, que é a de difusión do Plan Provincial, para dar a coñecer o resultado das accións realizadas.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es