Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A ESTREA DA OBRA VIDA DE CANS
O director e actor galego Cándido Pazó escribiu esta peza, que tamén se encarga de dirixir para a compañía Talía Teatro
Narón, 18 de febreiro de 2019. A compañía Talía Teatro estreará esta fin de semana no Pazo da Cultura a comedia Vida de cans, escrita e dirixida polo director e actor galego Cándido Pazó. A obra poderá verse o venres ás 20.30 horas e o sábado ás 20.00 e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados ou persoas con carné xove ou de estudante. Poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. Toño Casais, Dani e Artur Trillo forman o elenco desta obra, na que os tres actores, sen deixar de selo, serán cans recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Están moi ben atendidos pero non teñen liberdade dentro dese recinto. Un vello setter, Nolo; un dálmata novo, Nemo, e Lupo, un can mistura de raza loba, son os protagonistas desta peza teatral, unha “alegoría canina en cinco ladridos escénicos”, tal e como a definen desde a compañía. Cada un dos animais ten unha filosofía de vida propia que se poderá ver nesta representación, non exenta de traxedia pero que nunca perde de vista a comedia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal