Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HABILITA A WEB BUSCOCOLE PARA FACILITAR ÁS FAMILIAS INFORMACIÓN SOBRE OS SEUS CENTROS EDUCATIVOS DE REFERENCIA NA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, deron a coñecer a nova páxina web
Narón, 21 de febreiro de 2019. O Concello de Narón conta desde hoxe cunha nova ferramenta web, nesta ocasión específica para axudar ás familias da cidade a coñecer os seus colexios de referencia, en función dos seus domicilios. Buscocole é o nome desta páxina, á que se pode acceder desde a dirección: buscocole.naron.es –tamén cun aloxamento na web do Concello de Narón (www.naron.es)- e que presentaron esta mañá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. “A través desta web, as familias que residen na cidade e teñen que escolarizar aos seus fillos e fillas dispoñen dun xeito moi sinxelo de toda a información que precisan das escolas do CRA, das escolas infantís, dos centros públicos e concertados e dos institutos de Narón”, explicou Ferreiro, que convidou á veciñanza a facer uso desta nova ferramenta. A modo de rueiro, faise unha diferenciación entre a zona urbana, a rural e hai un apartado específico para a rúa da Garda e a estrada de Castela. Unha vez que se selecciona esa área e, a continuación, se especifica a rúa do domicilio familiar –tamén se ofrece unha posible búsqueda en función da idade do menor a escolarizar- ofrécense os centros de referencia para cada caso. Un plano de localización, a dirección, o correo electrónico e teléfono, a páxina web, servizos e niveis educativos ofertados son parte desa información que se ofrece directamente aos usuarios e usuarias da web Buscocole. “Trátase de ofrecer aos pais e nais a máxima información posible de cada un dos centros para que á hora de elixir coñezan perfectamente os servizos dispoñibles en cada unha destas instalacións educativas”, apuntou Ferreiro. A alcaldesa valorou o traballo realizado e o resultado do mesmo, e destacou tamén “a importante labor que no proceso de elaboración desta web desempeñaron os representantes dos centros de ensino da cidade, que ofreceron a súa colaboración para que o resultado final fose o mellor posible”. A nova páxina web darase a coñecer tamén nun acto público convocado para o vindeiro 26 de febreiro no Auditorio municipal, que dará comezo ás 17.30 horas. Na convocatoria ademáis de representantes do goberno local, tal e como avanzou Ferreiro, estarán presentes os directores e directoras dos centros de ensino públicos de Narón. Serán estes últimos, indicou, os encargados de explicar ás familias, como cada ano por estas datas, o proceso de escolarización e os proxectos educativos e recursos de cada centro. Na convocatoria informarase tamén sobre a nova web municipal, Buscocole, dando a coñecer deste xeito todos os recursos á disposición da cidadanía con fillos e fillas en idade escolar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal