Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E OS PORTAVOCES DA CORPORACIÓN LOCAL REUNÍRONSE CON RESPONSABLES DA EMPRESA POLIGAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que na xuntanza se intentou, sen éxito, que se revertise a decisión do peche da fábrica de Narón e avanzou que o Concello continuará respaldando e defendendo as reivindicacións do plantel de Poligal
Narón, 5 de abril de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e os portavoces de todos os grupos municipais da corporación local: Guillermo Sánchez Fojo (TEGA), Catalina García (PSOE), Teresa Sabio (BNG), Marcos López (PP), André Abeledo (EU) e Alfonso Casal (ENE) mantiveron esta tarde na Coruña unha reunión con Santiago Font, conselleiro delegado de Poligal (CEO), e José Luis Mateo, director da planta de Poligal en Narón, para incidir á empresa na necesidade de revertir a decisión de liquidar a planta localizada no polígono da Gándara, rematando a súa actividade e despedindo aos 108 traballadores e traballadoras. Ferreiro lamentou trala xuntanza a postura da empresa, ao comunicarlles os representantes da empresa que a decisión era firme e que a planta de Narón “non é rentable porque nestes momentos hai moita saturación no mercado e moita materia prima”. Os responsables de Poligal tamén informaron sobre a intención da empresa de recolocar a unha vintena de traballadores da fábrica da Gándara, unha cifra que, tal e como asegurou Ferreiro “non solventaría o problema, ao contar con un plantel formado por máis dun cento de persoas”. Finalmente Font e Mateo aseguraron que en breve se publicará o administrador concursal. O pasado 28 de febreiro a corporación local de Narón aprobaba unha declaración institucional en apoio ao plantel de Poligal. Os integrantes da corporación local defenden o mantemento dos postos de traballo do plantel da fábrica naronesa e demandan á empresa que retire o concurso voluntario de acreedores presentado para liquidar a firma. A alcaldesa, Marián Ferreiro, continúa á espera de reunirse co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, tras solicitar unha xuntanza para abordar este problema, que desde o Concello tamén se trasladou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. “Urxe a procura dunha solución que pase pola continuidade tanto da súa actividade en Narón como polo mantemento dos postos de traballo do plantel da fábrica”, asegurou Ferreiro. Así mesmo, a alcaldesa subliñou que tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Industria “teñen que tomar cartas no asunto e non permanecer pasivos ante este grave problema co que nos atopamos e tendo en conta que se trata de dúas administracións que no seu día concederon subvencións a Poligal para o desenvolvemento da súa actividade”. En canto ao papel da administración local Ferreiro incidiu en que “continuaremos defendendo aos traballadores e traballadoras de Poligal e as súas reivindicacións, que consideramos moi xustas atendendo aos últimos movementos do Grupo Peralada, que abriu nos últimos anos fábricas en Portugal e Polonia”. Trala xuntanza desta tarde a alcaldesa asegurou que “o que nos trasladan os responsables da compañía é unha moi mala nova” e insistiu en que “desde o Concello continuaremos realizando as xestións que estean nas nosas mans para tratar de evitar ata o último momento o peche desta empresa”.
Más fotos de la noticia

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal