Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO CONTACONTOS MUSICAL "ONDE ESTÁ O VENTO?"
A convocatoria, enmarcada no programa Apego, diríxese a nenas e nenos de 0 a 6 anos e terá lugar o 15 de marzo no Centro Cívico de Piñeiros
Narón, 12 de marzo de 2019. O Servizo de Normalización Lingüística de Narón, dependente da Concellería de Ensino, abriu o prazo dunha nova actividade do programa Apego, que fomenta a socialización dos nenos e nenas en galego. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, anunciou que as persoas que desexen asistir á representación Onde está o vento? da compañía Animar-T deben anotarse previamente no correo electrónico a.pita@naron.es. A cita será o vindeiro venres, día 15, no Centro Cívico Social de Piñeiros, donde terán lugar dúas representacións, unha ás 17.30 horas e a segunda ás 19.00. Os nenos e nenas de 0 a 6 anos son os destinatarios desta proposta de contacontos musical, podendo asistir un máximo de 25 menores por cada unha das quendas, nas que estarán acompañados como mínimo por unha persoa adulta. No momento da inscrición as familias deben indicar o nome da actividade, o nome e a idade do neno ou nena e o do pai, nai ou persoa que o acompañará, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. A participación na actividade será por rigorosa orde de inscrición. Tareixa é a protagonista de Onde está o vento? Estará acompañada do seu curmán Breixo e xuntos vivirán varias aventuras e coñecerán a moitos máis personaxes. A Tareixa o que máis lle gusta é facer xirar os seus muíños de vento pero un día o vento desaparece e ten que resolver esa misteriosa desaparición. Finalmente descobre co seu curmán que a contaminación é a culpable de que non haxa vento pero buscarán solucións a este problema.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es