Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL, DÚAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO E UNHA DE CONSERXE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou a apertura, hoxe do prazo para presentar as solicitudes para participar no proceso
Narón, 13 de marzo de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciou a apertura do prazo, hoxe, para presentar as solicitudes para participar no proceso selectivo dunha praza de traballador/a social, dúas de auxiliar administrativo e unha de conserxe. As persoas interesadas poden consultar onde poden entregar as solicitudes a través da Lei 39/2015 do 1 de outubro (artículo 16.4) do procedemento común das Administracións Públicas. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou onte o anuncio, no que se recorda que as bases da convocatoria se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do pasado 16 de novembro -https://bit.ly/2F7ZXOp-. As catro prazas correspóndense co sistema de oposición libre. As de traballador/a social e auxiliar administrativo son en turno libre e a de conserxe en turno de minusvalía. Así mesmo, tal e como se recolle no BOP, tanto nas de auxiliar administrativo como na de conserxe os aspirantes ás prazas deberán superar un total de catro exercicios, se ben na de traballador/a social serán tres. As solicitudes poden presentarse durante vinte días naturais, contados a partir de hoxe.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es