Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 230 ESCOLARES DE PRIMARIA PARTICIPAN EN OBRADOIROS DE DECORACIÓN DE CASCOS
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que se programaron obradoiros nos catro centros nos que están operativos os Camiños Escolares Seguros, se ben se estudará a posibilidade de impartilos no resto de colexios da cidade
Narón, 25 de marzo de 2019. Un total de 234 alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso de educación Primaria participarán este curso nos Obradoiros de decoración de cascos impartidos a través do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Case corenta nenas e nenos do colexio de Piñeiros participaron xa nesta actividade, en dúas quendas de unha hora de duración cada unha delas que tiveron lugar nas propias aulas do centro. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que “polo momento estase realizando nos catro centros escolares nos que xa funcionan os Camiños Escolares Seguros, se ben estamos estudando a posiblidade de impartir estes obradoiros no resto de colexios da cidade”. A maiores do alumnado de primeiro e segundo de Primaria do colexio de Piñeiros esta actividade levarase a cabo no mes de xuño nos outros tres centros con Camiños Escolares Seguros. O día 5 do citado mes terá lugar no colexio da Solaina, con 123 alumnas e alumnos –de 9.10 a 11.10 e desde as 12.00 ata as 14.00 horas-; o día 12 no colexio Jorge Juan, con 33 menores –de 9.10 a 10.10 e de 10.10 a 11.10- e no Ponte de Xuvia será o día 19, con 39 nenas e nenos –tamén de 9.10 a 10.10 e de 10.10 a 11.10 horas-. O obxectivo desta iniciativa, tal e como explicou Sánchez Fojo, é “incentivar entre os nenos e nenas o uso do casco cando van en bicicleta, en patinete ou en patíns, para protexelos ante posibles caídas”. O concelleiro naronés destacou a implicación dos menores nestes obradoiros “que espertaron un gran interese nas aulas, cunha proposta moi animada e para a que desde o Concello facilitamos o material decorativo e os nenos e nenas levan os seus propios cascos, que decoran coa axuda de Pedro Caneiro e Sonia López, axentes da Policía Local e integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es