Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE INFANTIL "E TI, QUE REPRESENTAS"
A Biblioteca municipal acollerá esta proposta dirixida a nenos e nenas a partir de catro anos, o vindeiro sábado, día 6, a partir das 11.00 horas
Narón, 2 de abril de 2019. As nenas e nenos a partir de catro anos que queiran asistir o vindeiro sábado, día 6, a unha proposta de xogos teatrais que terá lugar na Biblioteca municipal poden anotarse dendee esta tarde, ás 16.00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. E ti, que representas? é o título desta actividade, enmarcada no programa de conmemoración do Día internacional do libro, que inclúe varias actividades na Biblioteca municipal e nas Axencias de lectura da Solaina e A Gándara. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que esta actividade, que dará comezo ás 11.00 horas, axudará aos nenos e nenas a expresar as súas emocións dun xeito divertido. Terán a oportunidade de representar diferentes escenarios utilizando o xogo e tamén varios obxectos, co que a maiores se fomentará o traballo en equipo. Taibo animou ás familias a inscribir aos nenos e nenas aos que se dirixe esta actividade e recordou que para poder participar é preciso que teñan o carné da Rede de Bibliotecas e ningunha sanción pendente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal