Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A DÉCIMA EDICIÓN DA FEIRA MULTISECTORIAL AGRÍCOLA CELEBRARASE OS DÍAS 13 E 14 DE ABRIL
A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou esta mañá o evento, que se desenvolverá un ano máis no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes
Narón, 4 de abril de 2019. O recinto feiral do Trece acollerá os días 13 e 14 de abril unha nova edición, a décima, da Feira Multisectorial Agrícola organizada polo Concello. A edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou esta mañá o evento, que reunirá a preto de medio cento de postos de venda de diferentes produtos, que permanecerán abertos de 11.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 20.00 horas. A entrada ao recinto é de balde e as persoas que asistan recibirán unha rifa coa que participarán nos sorteos de agasallos que se realizarán durante a mañá e a tarde, tanto o sábado como o domingo. Produtos ecolóxicos, artesáns, antigüidades, plantas ornamentais e de horta, artículos de coiro, embutidos e xoguetes tradicionais, entre outros artículos, poderanse adquirir nos postos de venda instalados na Feira Multisectorial Agrícola, na que tamén haberá postos gastronómicos con polbo, churrasco, bolos preñados… Así mesmo, haberá unha exposición de maquinaria agrícola, de xardinería e forestal, donde se presentarán as novidades no sector e tamén se programaron demostracións do funcionamento dalgunha maquinaria, tal e como indicou a edil. Un ano máis, os nenos e nenas que acodan terán a oportunidade de realizar diferentes actividades nos obradoiros que se impartirán ao longo do día, “nun espazo lúdico, á par que didáctico, para que se divirtan e aprendan algunhas nocións básicas de agricultura e decoración”, apuntou Gómez. Un equipo de monitores encargarase de ensinar aos menores a realizar un xardín ecolóxico, cadros de flores naturais… e tamén a xogar ao tres en raia, a oca ou o dominó, entre outros. Para amenizar a convocatoria, un grupo musical actuará na sesión vermú do mediodía do sábado e o domingo da vindeira semana. A concelleira de Feiras e mercado convidou á veciñanza de Narón e doutros concellos a asistir a este evento, “unha das citas consolidadas no calendario de feiras da cidade e donde poden ver e adquirir unha gran variedade de produtos e maquinaria”.
Descarga de archivos
Cartaz X Feira Multisectorial Agrícola
Tamaño:1,44 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal