Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA INAUGURARÁ MAÑÁ NO PAZO DA CULTURA O "I CONGRESO INTERNACIONAL "ON YOUR BIKE!"
A inauguración terá lugar ás 10.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura, donde se proxectarán vídeos de educación viaria
Narón, 9 de abril de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, inaugurará mañá, ás 10.00 horas, a primeira edición do Congreso Internacional On your Bike!, no que participan o Concello de Narón e os colexios da Solaina, Virxe do Mar e Ponte de Xuvia, xunto con centros educativos de Noruega, Finlandia, Gales, Turquía e Portugal. Alumnado e docentes deses centros europeos, unhas oitenta persoas, chegaban o pasado luns á cidade no marco do programa On your bike!, impulsado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol e organizado polo Consistorio de Cardiff (Gales). O pasado luns Ferreiro recibiu no salón de plenos a unha representación do colectivo europeo que participa na iniciativa, e mañá asistirá ao citado Congreso, que se desenvolverá ao longo de toda a mañá no Café Teatro do Pazo da Cultura. Un grupo de alumnas e alumnos dos tres colexios de Narón que participan no programa, xunto con outros dos centros europeos, amosarán uns vídeos nos que compartirán o traballo que en materia de educación viaria se está levando a cabo nos seus respectivos colexios. O Congreso Internacional On your bike! convocouse para compartir experiencias e coñecementos relativos a esta área, na que a maiores da proxección o alumnado ofrecerá explicacións do traballo realizado nos seus países de orixe. Así mesmo, a xornada matinal no Pazo da Cultura inclúe mañá unha visita guiada a estas instalacións municipais. Na xornada do xoves o colectivo desprazarase ao colexio Ponte de Xuvia, donde ademais de coñecer o interior do centro os alumnos procedentes de europa e os docentes amosarán as vestimentas e comidas propias dos seus países de orixe. A maiores, está prevista unha marcha ciclista polo paseo marítimo de Xuvia ata o estanque de mareas, localizado no veciño municipio de Neda. Por último, o venres está programa a visita ao CEIP Plurilingüe Virxe do Mar, tamén cun percorrido polas instalacións do centro, unha xincana de habilidades coa bicicleta e o deseño dun circuíto de educación viaria no propio centro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal