Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE CONVOCATORIA DO FORO EMPRESA NARÓN QUE CELEBRA A SÚA PRIMEIRA EDICIÓN NO PAZO DA CULTURA
Profesionais de diversas empresas interveñen nesta convocatoria celebrada hoxe no Pazo e que reúne a máis de trescentas persoas
Narón, 11 de abril de 2019. A primeira edición do Foro Empresa Cidade de Narón celébrase hoxe no Pazo da Cultura. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, foi o encargado de presidir o acto inaugural desta convocatoria –desculpando a ausencia por motivos de última hora da alcaldesa, Marián Ferreiro, que acudiu posteriormente ao evento-, dirixida a empresarios, emprendedores e alumnado de FP Dual e que xorde co obxectivo de convertirse nun evento empresarial de referencia en Ferrolterra. Máis de trescentas persoas inscribíronse neste evento, no que profesionais de diferentes sectores vencellados á empresa compartiron ideas, reflexións e experiencias cos asistentes. Transformación dixital, desenvolvemento de persoas, mediación, interim manager, emprendemento e mercados forman parte da programación deste foro, que reuniu a unha vintena de ponentes destas materias. O trainer en comunicación e director da Escola Inventa, Eloy Gesto, encargouse de presentar o evento e conducir o programa, dando paso aos poñentes e compartindo a conclusión das diferentes fases. Trala súa intervención inicial Gesto cedeulle a palabra ao edil naronés Manuel Ramos, que deu a benvida aos participantes no Foro Empresa Cidade de Narón e agradeceu a implicación dos profesionais que intervirán no mesmo. “O de hoxe é un evento que reafirma e constata o compromiso que sempre tivo e continúa tendo este Concello co sector empresarial da nosa cidade”, asegurou, destacando a diversificación industrial da cidade, “que é a que contribúe a enriquecer o amplo tecido empresarial de Narón”. O concelleiro de Urbanismo de Narón incidiu en que a cidade é “cabeceira da comparca de Ferrolterra na área industrial” e subliñou que iso se debe, maioritariamente, “á firme aposta que empresarios e emprendedores realizaron para desenvolver a súa actividade desde Narón”. “A todas estas persoas brindamos todo o noso apoio e colaboración no ámbito das nosas competencias como administración local”, subliñou Ramos. Trala intervención do edil naronés subiu ao escenario, en representación da organización, Rodrigo García, Interim Manager que agradeceu a implicación do Concello neste acto “desde o primeiro momento no que o plantexamos, poñendo á nosa disposición todas as facilidades”. A primeira ponencia correu a cargo do italiano e responsable de Comunicación en España de Banco Mediolanum, Luca Lazzarini, que falou sobre “Razones para el optimismo”. A base de exemplos prácticos comezou Lazzarini unha amena intervención que espertou un gran interese entre o público que interactuou co italiano. Lazzarini destacou que vivimos “nun mundo totalmente conectado no que a información flúe e no que se fala da cuarta revolución industrial” e asegurou que xeralmente, “ante os posibles cambios sempre temos medo” e, desgranando as características das persoas optimistas e pesimistas, cloncluíu subliñando que “o optimismo é a actitude necesaria”. “A mediación como instrumento eficaz na xestión do conflito”, unha mesa na que interviñeron Emiliano Carretero, experto en mediación, e a abogada Patricia Vilar, tamén mediadora; unha ponencia sobre “Interim Management” do CEO José Luis Portela, unha tertulia coa escritora Belén Varela e a coach Alejandra Mosteiro; unha ponencia sobre “In-seguridade 2.0” de Rafael Villaverde e a realización dunha auditoría en directo, con Daniel Cerqueiro e Manuel Pan, completan a programación matinal. Pola tarde o Foro Empresa Narón retomarase a partir das 16.00 horas e sucederanse unha mesa sobre Interim Manager na que participarán Aurelio Louro, Esther Vázquez e Beatriz Estévez, expertos na materia; outra vencellada ás administracións, na que participarán Norberto Penedo, director de área Comercial do Igape, Rafael Díaz, xefe de Promoción Económica da Deputación da Coruña, e Ánxela Lagoa, en representación do Concello de Narón. Sobre “Algoritmos e algoritmia” falará David Conde e novamente Alejandra Mosteiro intervirá plantexando un caso de éxito de coaching empresarial. Finalmente, realizarase o “xogo do emprendedor”, con Manuel Dafonte, no que intervirán varios empresarios de Narón e comarca e pechará o evento o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal