Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN LOCAL TRASLADA O PÉSAME POLO PASAMENTO DO EDIL OCTAVIO DOPICO E DECLARARÁ DOUS DÍAS DE LOITO OFICIAL NO CONCELLO
Dopico, médico de profesión, exerceu como edil de Medio Ambiente e Sanidade nos últimos catro anos
Narón, 15 de abril de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, trasladou o máis sentido pésame e expresou as súas máis sinceiras condolencias, e as do resto de integrantes da corporación local da cidade, a familiares e amizades do concelleiro socialista Octavio Dopico, que faleceu onte. Así mesmo, desde a corporación fixeron extensivas esas condolencias á agrupación socialista de Narón, donde militaba Dopico dende hai varios anos. A Xunta de Portavoces reuniuse esta mañá con carácter extraordinario con motivo do falecemento do edil naronés e acordouse convocar un pleno extraordinario mañá ás 11.15 horas, no que se transmitirá á familia as condolencias da corporación e se declararán dous días de loito oficial – mañá e o mércores- polo pasamento de Dopico, xornadas nas que as bandeiras de tódolos edificios municipais ondearán a media asta. Dopico, médico de profesión –exercía nos últimos anos no Centro de Saúde do Alto- entrou a formar parte da corporación local no ano 2015 e formaba parte do equipo de goberno naronés, donde presidía as concellerías de Sanidade e Medio Ambiente. A alcaldesa da cidade destacou “a constancia, o esforzo e o traballo, así como a boa disposición” de Octavio Dopico nestes case catro anos que formou parte do equipo de goberno naronés e lamentou esta “gran perda para os seus familiares, as súas amizades e compañeiros/as do partido e tamén para esta corporación local e a nosa cidade”.

<<< Marzo 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es