Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN ITINERARIO FORMATIVO DE COMERCIO E LOXÍSTICA
O curso enmárcase no proxecto EIXO da Deputación da Coruña e impartirase na Barcala-Cambre e no polígono industrial de Ledoño (Culleredo)
Narón, 20 de abril de 2019. A Deputación da Coruña convoca, a través do proxecto subvencionado Estratexia de Inserción Xove (EIXO), unha xornada formativa de Comercio e loxística, dirixida a mozas e mozos sen emprego menores de 30 anos, inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O curso impartirase na Barcala-Cambre e no polígono industrial de Ledoño (Culleredo). As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no entrechán do Concello, na oficina da Técnica de emprego, ata o vindeiro 30 de abril (de 8.30 a 13.30 horas). Un total de quince persoas poderán realizar esta formación, que se prevé iniciar a mediados do vindeiro mes de maio, tal e como indicaron desde a Deputación da Coruña. A xornada formativa obrigatoria contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalidade de Actividades Auxiliares de Almacén (170 horas teóricas e 40 horas de prácticas en empresas), a obtención do carné C e o CAP, así como horas de formación transversal e complementaria en materias como igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías. Haberá tamén sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral. O obxectivo desta convocatoria é aumentar o número de persoas cunha formación de base que lles proporcione os coñecementos, competencias, recursos, ferramentas, valores e actitudes para participar e actuar no mercado laboral desta actividade, e que lles garanta o posible acceso a unha ocupación na área de transporte e loxística de maior nivel no futuro, tal e como indicaron desde a organización.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal