Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ O XVI ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA ORGANIZADO POLO PADROADO DA CULTURA E A ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA
A cita será o vindeiro venres, día 26, e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura
Narón, 24 de abril de 2018. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro venres, día 26, a décimo sexta edición do Encontro de Bandas de Música organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Cultural Musical Sementeira, en colaboración coa Deputación da Coruña. Nesta ocasión, actuarán, a partir das 19.00 horas, a Banda da Unió Protectora Musical de Llombai (Valencia), A Unidad de Música do Tercio Norte e a Xove Banda de Narón, da Asociación Cultural Musical Sementeira, que como cada ano pechará o Encontro de Bandas de Música. As entradas para poder asistir teñen un prezo de dous euros e están á venda na billeteira do Pazo da Cultura, donde poden adquirirse no horario habitual de apertura, de luns a sábado de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. A edil de Cultura, María del Carmen Espada, animou á veciñanza da cidade e doutras localidades da comarca a asistir a este evento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal