Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO CEIP PLURILINGÜE PONTE DE XUVIA CON MOTIVO DO TRIXÉSIMO ANIVERSARIO DA REVISTA "A PONTE"
A exposición poderá visitarse a vindeira semana na entrada do centro, tal e como se avanzou
Narón, 24 de abril de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse este mediodía ao CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia, convidada desde o centro con motivo da presentación da exposición sobre o trixésimo aniversario da revista “A Ponte”. Nesta publicación, que verá a luz nos vindeiros días e que se edita cada ano, dende hai trinta, coincidindo coa festividade das Letras Galegas, participaron activamente os alumnos e alumnas de todos os cursos, e o persoal docente, algo máis de duascentas persoas en total. O director do colexio, Carlos Pena, e representantes do profesorado, así como algúns pais e nais, tamén acudiron á cita. Ferreiro agradeceu aos rapaces e rapazas que asistiron ao acto o feito de que a convidasen con motivo deste evento, do que subliñou a súa importancia en canto ao traballo realizado polos escolares e polo que esta publicación supón de cara “á recuperación de parte da historia da cidade, da nosa cultura e tamén da nosa lingua, o galego”. Ferreiro recordou tamén aos escolares que a entrevistaron como alcaldesa hai unhas semanas no Concello con motivo do número trinta desta publicación. Así mesmo, destacou o traballo da comunidade educativa do citado colexio, “por manter viva ano tras ano, dende hai trinta, esta publicación, renovada e adaptada aos tempos pero coa cidade de Narón, a cultura e lingua galegas como eixos vertebradores da mesma”. A alcaldesa aproveitou a súa visita ao CEIP Ponte de Xuvia para ver os exemplares que forman parte desta exposición, que se colocaron á entrada do centro e donde tamén se avanzou a portada desta trixésima edición, que terá medio cento de páxinas. Traballos escolares, proxectos, excursións, pasatempos… forman parte dos contidos de cada número da revista “A Ponte”. A exposición poderá verse durante toda a vindeira semana na entrada do centro, donde permanecerán os exemplares xa editados desta publicación, tal e como avanzaron desde o centro. Antes de abandoar as instalacións educativas, a alcaldesa recibiu como agasallo un calendario editado polo colexio, no que figuran os proxectos nos que participan, e asinou no libro de visitas, agradecendo o convite ao acto celebrado hoxe e animando aos escolares e docentes a continuar traballando na mesma liña.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal