Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ O SÁBADO A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL "HABLAR POR HABLAR"
As entradas para ver este espectáculo de teatro contemporáneo poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 25 de abril de 2019. A compañía Pentación estará o vindeiro sábado, día 27, en Narón, para representar a obra de teatro Hablar por hablar. O espectáculo dará comezo ás 20.00 horas no Pazo da Cultura e diríxese a persoas maiores de 14 anos. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 16 euros para o público xeral e de 11,20 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A obra Hablar por hablar está inspirada nas historias do lendario programa do mesmo nome da cadea Ser, emitido de madrugada e na que ouvintes anónimos contan historias persoais que aqueles que as escoitan chegan a sentir, en ocasións, que forman parte delas, a modo de cómplices das mesmas. O elenco da obra está formado por Julio Cortázar, Ángeles Martín, Samuel Viyuela, Carolina Yuste e Pepa Zaragoza.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal