Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DA ESCOLA DE FORMACIÓN DE ACTRICES E ACTORES ACTUARÁ NO AUDITORIO MUNICIPAL
A cita, que será mañá luns 28 a partir das 20.30 horas e con entrada de balde, correrá a cargo de alumnado do Practicum, que finaliza as clases sobre o xénero da Commedia dell´Arte
Narón, 28 de abril de 2019. As Mostras de Traballo Escolar da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón continuarán mañá luns, no Auditorio municipal, na Praza de Galicia. Nesta ocasión será o turno do alumnado do curso Practicum, que remata as clases sobre o xénero teatral da Commedia dell´Arte, un xénero que nace na Italia do século XVI, creado a partir de improvisacións e con personaxes estereotipados. A cita será ás 20.30 horas e as persoas interesadas en asistir poden facelo, de balde, ata completar o aforo do Auditorio. O director, Pablo Sánchez, e profesor de Teatro Físico da Escola e director desta Mostra de Teatro, impartiu neste Practicum un obradoiro de Teatro de Máscara, centrado nos diferentes tipos de máscaras que hai no mundo. Mañá actuarán: Luís Pillado, Cris Balseiro, Alejandro Martín, Susana Mauriz, Brais Rey, Chani Hernández, Carmen Caeiro, Adelaida Abad, Marián Rei, Xone Sanlópez e Ana Castro. Dende o Padroado da Cultura de Narón convidouse á veciñanza da cidade e doutros concellos a asistir a esta cita, para gozar do teatro de máscaras durante a media hora que aproximadamente durará a representación programada no Auditorio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal