Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE SAN MATEO CELEBRARÁ O SÁBADO A FESTA DOS CALLOS
A cita será a partir das 12.30 horas no local social de San Mateo, donde se venderán os tickets para degustar as racións
Narón, 30 de abril de 2019. A Agrupación Veciñal de San Mateo organiza unha nova edición da Festa dos Callos, que terá lugar o vindeiro sábado, día 4, no local social da parroquia. O Concello de Narón colabora con esta cita gastronómica, na que as persoas que o desexen poderán degustar no local social racións de callos, elaborados de xeito tradicional pola veciñanza da parroquia, a partir das 12.30 horas. O precio das racións de callos, acompañados de pan, bebida e café, é de sete euros e os tickets estarán á venda ese mesmo día no local social de San Mateo. En total cociñaranse unhas trescentas racións, que se servirán nunhas cuncas deseñadas especialmente para esta Festa dos Callos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal