Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA OS TRÁMITES PARA CONSTITUÍR A UNIDADE DE MANTEMENTO DO POLÍGONO RÍO DO POZO
A Concelleira de Promoción e Xestión de Polígonos Industriais e Promoción Económica, Ángeles Díaz, anunciou en rolda de prensa que o Concello vai iniciar os trámites para constituír a unidade de mantemento do polígono Río do Pozo. Esta unidade ten como finalidade xestionar o adecuado uso dos elementos comúns do polígono, así como o establecemento dos servizos que este precise e non sexan municipais. A unidade terá encomendada a xestión da totalidade das parcelas activas do polígono, actualmente 519, repartidas deste xeito: 202 no sector 1, 4 no sector 2 (entre elas Inditex e Maderas del Noroeste), 67 no sector 3, e 146 no sector 4. En total, 1.677.366 m² de solo industrial ó seu cargo. O Concello baralla un orzamento inicial para esta unidade de 215.000€ anuais, repartidos entre varias necesidades: seguridade e vixilancia, administración (persoal e material), seguro de Responsabilidade Civil, aluguer dun local mentres non teña un propio, cuotas a posibles organismos afines como confederacións e federacións e gastos correntes. Ese orzamento deberá ser asumido por cada unha das empresas asentadas no polígono, e tamén polo Concello e o SEPES, na parte proporcional de chan industrial que ocupen. O trámite inclúe levar a proposta a Comisión, elevala ó Pleno, exposición pública de vinte días e posibles alegacións. Ángeles Díaz estima un prazo mínimo de tres meses para que a unidade poida constituírse. A Edila expresou o seu agradecemento a Ramón Sas, presidente da Asociación de Empresarios Río do Pozo, pola súa axuda na recopilación de documentación que facilitou moito a elaboración da proposta. Outros proxectos de mellora Ademais da creación da unidade de mantemento, o Concello está a dar pasos para eliminar todas as posibles carencias dos seus polígonos. Aproveitando a resolución da Secretaría Xeral de Industria de 28/10/2008, o Consistorio naronés solicitará unha subvención para a pavimentación de toda a infraestrutura viaria do Polígono do Río do Pozo. En virtude dun convenio coa Asociación de Empresarios de Ferrolterra para mellorar as entidades empresariais de Narón, tivo lugar unha reunión entre o Concello, a Policía Local, a Policía Nacional e representantes da AEF, onde se falou do anteproxecto para dotar de seguridade e sinalización ós tres polígonos de Narón: Río do Pozo, As Lagoas e a Gándara. Actualmente as labores de seguridade son levadas a cabo por axentes da Policía Local, pero o Concello estuda nestes momentos a implantación de cámaras de seguridade ou de un servizo de seguridade privada, principalmente como método disuasorio. Por outra banda, o Concello mantén contactos con Ferrol para atopar unha solución ós problemas de tráfico que se dan no Polígono de A Gándara, e traballa na sinalización e a conexión viaria total do Polígono das Lagoas. Ángeles Díaz afirmou que estes problemas nos que están a traballar serán solucionados e que, desa maneira, desaparecerán as deficiencias actuais dos polígonos industriais de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal