Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE SEDES ORGANIZA A "I FESTA GASTRONÓMICA" NO CAMPO DA IGREXA DE SAN ESTEVO
Na cita, que terá lugar o vindeiro 8 de xuño na parroquia, poderanse degustar bolas de sartén e liscos
Narón, 9 de maio de 2019. A Comisión de Festas de San Estevo de Sedes e a Asociación de Veciños Rosa dos Ventos organizan, en colaboración co Concello, a primeira edición da Festa gastronómica da parroquia. A concelleira de Festas, Mar Gómez, Rubén Ramos, da Comisión de festas, e Manuel Ángel Rico e Enrique Rodríguez, da AVV Rosa dos Ventos, de Sedes, presentaron hoxe a convocatoria, que terá lugar o vindeiro 8 de xuño, a partir das 19.30 horas, no campo da igrexa de San Estevo, baixo unha carpa instalada para a ocasión. Os asistentes terán a oportunidade de degustar un menú a base de bolas na sartén e liscos, acompañados con pan, viño e auga ou leite. O prezo de cada unha das racións, que se servirán nunha taza decorativa que se levarán como agasallo, é de seis euros, e os tickets poderán adquirirse o propio día do evento. A xornada estará amenizada por un grupo musical, tal e como avanzaron dende a organización, que agradeceu o respaldo prestado desde o Concello para poder celebrar este evento. A concelleira de Festas, Mar Gómez, animou ás veciñas e veciños tanto de Narón como doutros concellos a acudir a esta cita gastronómica, amosando a súa confianza en que teña continuidade en vindeiras edicións grazas ao traballo desenvolvido tanto pola Comisión de Festas de Sedes como pola AVV Rosa dos Ventos.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es