Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA CO CENTRO COMERCIAL ODEÓN NOS ACTOS PROGRAMADOS NO CENTRO CON MOTIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Demostración de torneado de madeira, música e degustación de productos galegos centran as propostas para a tarde do xoves 16 de maio en Odeón
Narón, 14 de maio de 2019. O Concello de Narón colabora co Centro Comercial Odeón nun acto programado con motivo do Día das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro xoves, día 16, a partir das 18.30 horas na praza de eventos das instalacións do citado centro comercial, na Gándara. As propostas para a tarde consisten, tal e como indicaron dende a organización, nunha demostración en vivo do traballo da “Asociación de Torneiros da Madeira Virutas”, de Narón, que dará comezo ás 18.30 horas. A continuación, haberá unha degustación –de balde- de produtos galegos, que consistirá nuns “saquiños de lacón con grelos” e sobre as 20.00 horas terá lugar a actuación da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón. Unha das novidades será que se poderá ver tamén unha muiñeira Hip-Hop con Rebu Kan, coa incorporación de un grupo de rapazas e rapaces á música da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura e que porá fin á programación da xornada. Dende a organización convídase á veciñanza a achegarse a Odeón na tarde do xoves para poder desfrutar desta oferta cultural, musical e gastronómica programada para conmemorar o Día das Letras Galegas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal