Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MÚSICO E CANTANTE GALEGO ROI CASAL ACTUARÁ O VINDEIRO SÁBADO NO PAZO DA CULTURA
O concerto comezará ás 20.00 horas e aínda se poden adquirir entradas na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 22 de maio de 2019. O músico, cantante e compositor galego Roi Casal estará o sábado, día 25, no Pazo da Cultura, donde protagonizará o espectáculo musical Son galego, son cubano. O concerto comezará ás 20.00 horas e as entradas que aínda quedan dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. Son galego, son cubano é un espectáculo que se estreou no Gran Teatro de La Habana, en Cuba, no ano 2016, e que dende entón foi sumando novos éxitos en diferentes países. As letras do escritor galego Neira Vilas, co que Roi Casal traballou neste espectáculo ata o falecemento de Vilas, dan un contido especial a este espectáculo, no que está moi presente a emigración galega en Cuba, donde Neira Vilas residiu algo máis de tres décadas, deixando parte das súas vivencias, e as doutros galegos que residían nesta illa caribeña, recollidas nalgunhas das súas obras.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal