Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO APROBA O TEXTO DO CONVENIO PARA COMPARTIR O PARQUE DE BOMBEIROS DE FERROL
Narón compensará con 400.000€ a mobilización dos medios de Ferrol en servizos de extinción de incendios e salvamento
O Pleno Ordinario celebrado do mes de novembro ven marcado pola aprobación do texto do convenio de colaboración que está previsto firmen os alcaldes de Narón e Ferrol nun acto protocolario.O chamado “Convenio de Prestación de servizos ó concello de Narón” regula as bases da colaboración entre o Concello de Ferrol e o Concello de Narón, para que o primeiro preste ao segundo o servizo de prevención e extinción de incendios e salvamento, en condicións similares ás que se presta no seu propio termo municipal. O Concello de Ferrol dispón dun Parque de Bombeiros Municipal que vén realizando, dende fai varios años, intervencións no Concello de Narón, e que conta cos medios persoais e materiais adecuados, para prestar a súa colaboración e auxilio en operacións de protección civil e emerxencias. Medios, que a través deste convenio, porá á disposición do Concello de Narón. Nos seguintes casos: incendios rurais e urbanos, salvamentos relacionados co tráfico, coas inundacións, coas fugas e vertidos de gas, coas ruínas e afundimentos e coas catástrofes naturais. Ademais de prestar asistencia técnica en reténs e en información preventiva. Pola súa parte, o Concello de Narón aboará, á firma do convenio, 400.000€ pola dispoñibilidade do operativo descrito e a mobilización do mesmo durante el año 2009. Do total, case 56.000€ irán destinados a inversións en infraestrutura e medios materiais e o resto a retribucións a persoal. Desta maneira quedarán totalmente garantidas as intervencións inmediatas nas demandas de extinción de incendios e salvamento no termo municipal do Concello de Narón, atendidas por una autobomba urbana pesada, con dotación humana e equipamento polivalente os dous supostos. O prazo de vixencia do convenio será dende o 1 de xaneiro de 2009 ó 31 de decembro de 2010, pudendo prorrogarse por períodos anuais. Declaración Institucional Día Contra a Violencia de Xénero No Pleno desta tarde tamén procedeuse á lectura dunha Declaración Institucional co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, celebrado o pasado día 25. Nela se destaca o papel que leva a facer todos este anos a Comisión da Muller do Concello de Narón, da que xa formaron parte moitos concelleiros e concelleiras, e que sempre pensou que a unidade é un valor a engadir, cando se trata de facer declaracións institucionais contra a violencia de xénero, como unha modesta homenaxe as vítimas ante as que só cabe o respecto, a xustiza e o compromiso de seguir adiante pola liberdade que elas non tiveron. Na declaración se recorda a aqueles cidadáns e cidadás que antepuxeron, incluso a súa integridade física á axuda solidaria ás mulleres vítimas de violencia de xénero. E tamén a aqueles cidadáns e cidadás que loitan e seguirán loitando por devolver a dignidade ás mulleres que, polo mero feito de selo, sofren a mentalidade posesiva machista e ás veces cústalles a vida. Outros puntos da Orde do Día Vista a necesidade de poñer nome ás rúas de nova apertura que se están a urbanizar na actualidade e nas que se está a executar a construción de diversos edificios, o Pleno adoptou o acordo de nomeamento da seguintes rúas: Rúa Betanzos, entre as rúas Pintos Sotomaior e Cabañas, Rúa Filomena Dato, que na actualidade é unha das vías que se coñece como Lugar Pedregal, co obxecto de evitar duplicidades, e Rúa María Soliña, outra das vías que se coñece como Lugar Pedregal, e que vai dende a Estrada de Castela ata a Estrada do Feal. O Pleno tamén aprobou o Plan Económico Financeiro de Narón para o ciclo 2008-2011, e acordou remitilo á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva e seguimento. Mocións Catro mocións foron presentadas nesta Sesión Plenaria. As tres primeiras foron aprobadas. Unha moción conxunta do BNG e PSOE sobre as antenas de telefonía móbil no Concello, para que se elabore un mapa das estacións base e antenas de telefonía móbil instaladas no termo municipal de Narón, se revise a situación de legalidade de todas as estacións base e antenas de telefonía móbil conforme á Ordenanza vixente, e se adopten as medidas oportunas para a retirada das que puidesen estar infrinxindo a normativa existente. Outra presentada polo PSOE sobre a situación da rede de saneamento e de abastecemento de auga nos núcleos rurais de Narón, para, ante recente compromiso do Conselleiro de Medio Ambiente para elaborar un Plan de Saneamento Integral do Concello de Narón, que teña como resultado a extensión da rede de saneamento a tódalas parroquias rurais do Concello, pórse en contacto coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia para planificar a execución dos traballos precisos. E unha terceira presentada polo PSOE sobre o XXX Aniversario da Constitución Española, o próximo día 6 de decembro para favorecer os actos e o recordatorio deste día. A cuarta moción presentada polo BNG sobre a creación dun segundo centro de saúdo, foi rexeitada polo resto de grupos políticos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal