Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO ENCONTRO COMUNITARIO ORGANIZADO POLO CONCELLO EN COLABORACIÓN CON VARIAS ENTIDADES
A cita terá lugar o vindeiro 22 de xuño no paseo marítimo de Xuvia, cunha programación que se desenvolverá ao longo de todo o día
Narón, 23 de maio de 2019. O Concello e as entidades coorganizadoras ultiman os actos do Encontro Comunitario que se desenvolverá o vindeiro 22 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. As persoas interesadas en asistir deben apuntarse, ata o día 14 de xuño nas asociacións de veciños de Freixeiro, San Xiao, Xuvia, Virxe do Mar, Chafarís e A Solaina, así como no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, no Club de Xubilados e Pensionistas Santa Icía, na Fundación Terra de Trasancos da cooperativa do Val, en Aspanaes, na ASCM Narón, na Asociación Nosa Señora de Chamorro, en Aspanemi, na Asociación da Terceira Idade de Pedroso, na asociación Gaikai, na Asociación de Torneiros da Madeira Virutas, no Círculo Xadrez Narón, en Areosa, en Affinor e no Club Tenis de Mesa Narón. É importante que se anoten, tal e como se incidiu dende a organización, para instalar as sillas e mesas precisas para a xente que acuda, que poderá levar a súa propia comida da casa para o xantar comunitario ou adquirir os tickets para degustar a do cátering contratado polas entidades. Neste último caso terán que pagar 15 euros por un menú a base de empanada, paella, solomillo asado, postre e bebidas. O programa desenvolverase en horario de mañá e tarde, como en anteriores edicións, baixo unha carpa instalada no paseo de Xuvia, donde tamén terá lugar o xantar comunitario. Ás 11.30 horas será a presentación oficial deste Encontro Comunitario e ás 12.00 horas darán comezo as demostracións de diferentes actividades. Tras un paréntese para os agradecementos, sobre as 13.30, continuarase con xantar comunitario, previsto para as 14.00 horas. Pola tarde seguirá a programación ás 16.00 horas, cunha sesión de baile e ás 17.30 retomaranse as demostracións de actividades, para continuar co baile ás 18.00 e rematar o Encontro comunitario ás 19.30 horas. A maiores das mostras das actividades de diferentes entidades participantes, algunhas delas, ao igual que en anos anteriores, darán a coñecer neste evento o traballo que realizan ao longo do ano.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal