Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DA GÁNDARA ACOLLERÁ A PRIMEIRA EDICIÓN DO ENCONTRO "TECENDO NA RÚA"
A cita, organizada polo Concello e o Club de ganchillo Café y ovillo, será mañá sábado a partir das 16.00 horas e está aberta á participación da cidadanía en xeral
Narón, 7 de xuño de 2019. O Concello de Narón organiza, en colaboración co “Club de ganchillo Café y ovillo”, a primeira edición do encontro Tecendo na rúa. A cita será mañá sábado pola tarde, a partir das 16.00 horas, na Praza da Gándara, donde se instalará unha pequena carpa con mesas e sillas para esta actividade. A impulsora e profesora do citado club de ganchillo, Manoli López, recordou que esta iniciativa, pioneira na comarca, xorde para conmemorar este mes o Día Mundial de Tecer en Público, que se celebra cada 9 de xuño dende o ano 2005. As persoas que desexen participar neste encontro poderán facelo, tal e como explicou Manoli López, levando tan só as súas agullas, o fío e a labor que queiran realizar para tecer pola tarde na citada ubicación. “Con este tipo de iniciativas tratamos de dar visibilidade ás tecedoras sacando este arte ás rúas, e ofrecendo á cidadanía en xeral a posibilidade de participar neste encontro e animándose a tecer con nós e independentemente da súa idade”, indicou López. O Club de ganchillo Café y ovillo creouse no ano 2017 e conta xa cunha vintena de integrantes, a de menor idade de oito anos. Reúnense cada semana, os mércores e venres, no local social de San Mateo, donde realizan diferentes traballos.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es