Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE OS DÍAS 10 E 11 DE XUÑO Á CIDADE
O vehículo estará o luns xunto ao centro de saúde do Alto e na xornada do martes nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina
Narón, 9 de xuño de 2019. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase dous días da vindeira semana á cidade. Na xornada de mañá, luns, o vehículo localizarase nas inmediacións do centro de saúde en horario de tarde, entre as 15.30 e as 21.00 horas, se ben o martes, día 11, a unidade móbil estará na Solaina, xunto á Praza da Constitución, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas. As persoas que vaian a doar sangue deben almorzar e despois de xantar terán que deixar pasar dúas horas antes de realizar a doazón. Así mesmo, deberán levar a tarxeta de doador, o DNI ou un documento similar e tamén terán que informar ao persoal médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es